quinta-feira, 23 de fevereiro de 2012

Os señores d'azul.



Os Mossos d'Esquadra cargaron contra os estudiantes da Pompeu Fabra y a sociedá escandalizóuse moderadamente, peró pasaron as movilizacióis contra Boloña y naide s'acordóu xa máis. A Policía Nacional (anque podería ter sido a Guardia Suiza del Vaticano) cargóu contra as manifestacióis laicistas condo a Xornada Mundial da Mocedá católica, y a xente s'escandalizóu, pero xa naide s'acorda de nada, como naide s'acorda xa del Naval-Xixón, del desaloxo de Plaça Catalunya, as agesióis a xente inmigrante por parte dos distintos corpos policiales (entre ellos a Policía Local d'Avilés)... Y hoi dámonos todos golpes de peto polas imaxes d'ún policía estampando a dúas nenas contra un coche [pincha pra ver], anque sabemos positivamente que pra condo acabe marzo naide se vei acordar d'estas imaxes denigrantes.

Non, nun me gustan as ideas maniqueas de manifestantes bus, maderos malos (anque resulta ben de veces difícil escapar d'esas ideas, vendo cousas como las que tán pasando en Valencia). Nun soi ácrata, soi socialista, y en consecuencia nin quero eliminar el Estado nin creo posible úa sociedá sin lleis nin orde, se ben as lleis y el orde qu'eu defendo son mui outras d'éstas propias d'un país que de democracia lliberal sólo tén lo de lliberal. Pero en definitiva tou convencido de qu'os policías son trabayadores que fein el sou trabayo (agora ben, muitas veces el sou trabayo consiste en aporrear xente inocente).


Os policías nun son os fiyos dos terratenentes, nin os fiyos de Botín. Os policías son os fiyos dos albañiles y das muyeres da llimpeza, das trabayadoras das fábricas de conservas y dos ganaderos, son os fiyos da clase obrera. Os policías son funcionarios que nun tein úa paga mala, val, pero eso mesmo poderíamos dicir dos maestros ou dos médicos. Os policías son os mesmos padres que mandan a os sous fiyos a úa escola sen calefacción a sabendas de qu'a educación pública ta tocada de morte, os mesmos que como nosoutros saben qu'os sous fiyos nun han ter nin trabayo, nin paro, os mesmos que saben que van ter que pagar condo se poñan malos por ir al médico.

Peró despós poin el casco, garran el tolete, y salen ás portas d'úa escola a repartir hostias entre os nenos. Y non, nun vou simplificar dicindo qu'eso é porque señan us traidores de clase (que probablemente lo señan) ou us fiyos de puta (con todo el respeto tanto pra os policías como prás putas). Creo que todo el que pasa terá a súa razón, y haberá qu'analizar os porqués.

Y teño pra min qu'ún porqué ta na hipermasculinización dos corpos de seguridá y los d'armas. Dá igual que teamos en democracia qu'en dictadura, aquí y noutros países, lo que define a un militar, policía... é lo qu'en castellano se conoce como hombría (nunca sintín en gallego-asturiano a espresión homía), y eso é asina independentemente del sexo del individuo (nin en gallego-asturiano nin en castellano sintín tampouco nunca muyería nin mujería, y nada é porque sí). Peró a naide se ye escapa qu'a hombría nun é a condición de ser home, esto é, nun é lo mesmo qu'a masculinidá. Dito d'outro xeito, a hombría nun é úa custión de gónadas reproductoras masculinas nin úa custión d'identidá de xénero. É úa custión de coyóis, y os coyóis tán estretamente ligados á capacidá d'hostiar, mutilar, humillar y sobre todo vencer. Naide nun diz de daquén qu'é un home con coyóis por abrazar á súa muyer (ou al sou home), darye chuchos, caricias... Naide diz qu'un home tén coyóis pola súa capacidá d'escuitar ou de comprender, y nin sequera a forza física, que n'outros casos son proba de masculinidá, son proba d'hombría, pois naide tén máis nin menos coyóis por segar un prao, llevantar úa caxa mui pesada... Non, os coyóis demóstranse a base de repartir hostias. Y a falta de naide miyor con quén midir a hombría, as nenas del vídeo poden ser un bon sustitutivo (a falta de pan...). Neste sentido, a hombría tamén se relaciona normalmente con certa concepción da sexualidá como úa lluita, como úa conquista, y a práctica del sexo (capital, Coito) como un pulso que nun tén outro fin qu'amostrar a túa hombría [pinchar aquí pra ver de qué tou falando]. Paradóxicamente, cua entrada das muyeres nestos corpos, podemos ver muyeres que se garran cua mesma intensidá as gónadas masculinas que por razóis biolóxicas nun tein.

Ben, poderedes achacarme que tou xeneralizando demasiado, xa dixen que nun me prestaban os maniqueismos, peró nin son comportamentos que resulten úa escepción, nin son comportamentos que se pretendan evitar dende os organismos. ¿Por qué? Pois ben, se dicía qu'os policías son fiyos da clase trabayadora, os xefes son fiyos da burguesía, y forman parte da élite, y qué dicir dos responsables políticos dos que dependen.

En torno a esa hombría xenérase úa identida gremial, «somos policías», que diferencia a estos trabayadores del resto. Por puer un caso visual, un policía ou a súa familia poderá llevar un chaveiro col escudo da Policía, ter el escudo da Policía colgado da parede de casa, ter el fondo d'escritorio chen de fotos alusivas á profesión... A naide se ye pasa pola cabeza qu'un trabayador de Ceasa ou d'Ensidesa (eu sigo cuas denominacióis tradicionales) lleven un chaveiro col escudo da papelera ou da siderurxa, nin los tein colgados da parede, nin tein nel fondo d'escritorio corenta mil fotos en alusión á súa profesión. Este comportamento gremial, que teño pra min qu'interesa muito a os corpos de seguridá, tein úa utilidá clara pral Estado. Desconectar a os axentes qu'han de canalizar a violencia del Estado dos sous orixes, das súas familias, das súas comunidades humanas. Porque sólo asina podemos entender el ausencia total d'empatía por parte d'un paisano (debaxo dos uniformes, anque nun sempre se note, hai personas) que ye pega a dúas nenas de ¿trece, quince, deciséis anos? Por cortar úa caye pra pidir calefacción na escola.

Dende a esquerda sempre tuvimos animadversión hacia a Policía, y en especial a os antidisturbios (y á vista dos feitos é máis que comprensible ese sentimento de rechazo), y en consecuencia nunca nos fixemos eco das demandas y as necesidades d'estos trabayadores, condo a dereta sí se fexo eco (y asina estos trabayadores deretízanse que mete medo), y eso é daqué que temos que cambiar, temos que fer un esforzo por asumir as demandas que señan asumibles d'este colectivo, y apartallos dos enganos da dereta.

Non, nun tou xustificando a os matóis de patio d'escola (nunca miyor dito, neste caso) que visten d'uniforme, nin tou relativizando a violencia policial. Defendo el dereto á autodefensa (como fixen neste artículo d'agosto), y sosteño qu'a llei nun é un carril ideolóxico, dende el momento qu'as lleis responden a os intereses da clase dominante.


Condo ún ve imaxes como éstas, ún nun pode deixar d'apreciar qu'el señor que garra carrerilla pra emburriar a dúas nenas d'úa forma tan vil será probablemente padre de dalgúa nena da mesma edá, sentirá probablemente un profundo amor por úa muyer, acordaráse dacondo da súa infancia, daraye un chucho nel papo a súa mai, y querrá ser aquél home qu'el sou pai ye enseñóu que tía que ser. Y non, nun soi a entendello. Nun soi a entender un acto tan miserable. Nun soi a entender qu'un paisano feito y dereto se poda referir ás dúas nenas que choran abrazadas como el enemigo [ver vídeo]. Sen llugar a dudas, a os compañeiros del Luis Vives arroubáronyes a calefacción y a inocencia, peró a ese probe home, daquén ye arroubóu daqué inda máis valioso, a concencia.


Sólo me queda fer meu el canto de Violeta Parra,

«¡Que vivan los estudiantes,
jardín de las alegrías!
Son aves que no se asustan
de animal ni policías,
y no les asustan las balas
ni el ladrar de la jauría.»




Gracias, «pajarillos libertarios» por esta llección de dignidá.

terça-feira, 14 de fevereiro de 2012

Vendrán

Vendrán,
vendrán con sus corazones impíos
a arrancar las hojas de las libretas
en las que garabateamos pueriles poemas.

Vendrán,
vendrán con sus ojos ensangrentados
a arrancar los sueños de las cabezas
en las que construíamos viejas utopías.

Vendrán,
vendrán con sus manos hostiles
a arrancar la prole
de nuestros genitales.

Vendrán,
vendrán con sus almas oscuras
a encerrarnos en las profundidades del Aberno.

Vendrán.
Les estamos esperando.

Uviéu, sábado 11-2-12.