quarta-feira, 24 de dezembro de 2014

Navidá.

Todos os poblos de Europa (i de outras partes del mundo, en ben de casos tras a colonización europea) tein marcado nel sou almanaque a Navidá (ou Nadal, que dos dous xeitos se conoce en Asturias, seña en gallego ou en asturiano, esta festividá). El noso non é menos, i naturalmente a Navidá forma parte de a nosa realidá cultural. Forma parte da nosa realidá cultural porque, gústenos máis ou menos, somos un poblo de fortes raigaños cristianos (independentemente de que despois séñamos úa sociedá máis ou menos laica ou de que cada ún de nosoutros seña máis ou menos creiente, agnóstico ou ateo), i tamén pola mesma cultura precristiana que supón en maior ou menor midida (non vou eu a poerme esencialista) un nexo de unión dos poblos europeos (i é que non fai falta poerse especialmente esencialista pra aceptar que os poblos de Europa temos un nexo civilizatorio común que pode estenderse máis pra alló de Europa).

Vai pouco David Guardado escribía un artículo en La Nueva España, sobre el nataliegu (desconozo qué nome tería esta tradición nel Eo-Navia, anque faise difícil pensar que aquí non esistira, habería que fer trabaio de campo sobre este tema na nosa terra). Desconozo todo lo relativo a esta tradición nel Eo-Navia como desconozo outras tradiciois navideñas (fálase en outras partes del mundo de personaxes a lo Papá Noel como el Apalpabarrigas, L'Anguleiru, el Olentzero... i desconozo se a tradición popular nos diz daqué de esto nel Eo-Navia). Tradiciois que ben de veces reinvéntanse. Fala David Guardado nel sou artículo (que aproveto pra dicir que me pareceu mui interesante i prestoume llello) da reinterpretación del Olentzero, que pasaría de ser un tronco que caga llambionadas a ser un señor que reparte regalos, «que dende la primer metá del sieglu XX popularizóse como una alternativa autóctona a Papá Noel». Úa alternativa que, en non poucas ocasiois, ten úa llectura política, como el Apalpabarrigas o L'Anguleiru, ou como a reivindicación dos Reis Magos como lo de noso frente al Papá Noel americano (sen caer que, xa de mao, el nome que se ie dá en gallego, como en español, ven del francés, frente al nome estadounidense Santa Klaus).

I é que el de noso non en poucas ocasiois lleva úa bandeiría nacional da mao... El que naide parece cuestionar i pral que non parece necesitarse alternativa é el caracter profundamente comercial de todo esto. Querse dicir, aquí lo noso pral que xiringa a bandeira española son os Reis Magos, i el Papá Noel é úa ofensa al ser patrio (sen entrar a prantearse que podan esistir na peleia de boi outras tradiciois como as que tamos comentando). Pral que xiringa a asturiana lo de noso ha ser L'Anguleiru (i xa hasta teño visto adaptaciois que pretenden figurar un anguleiru remontando el Nalón i, despois, el Narcea pra poder chegar ás terras de Tinéu a repartir regalos... nun recordo en qué relato pra nenos lo vin, pero vinlo, pretendendo panasturianizar úa figura que, polla súa propia naturaleza é marineira), del mesmo modo que pral que xiringa a bandeira gallega el Apalpabarrigas será lo de noso. Non falta el cosmopolita que reivindica el Santa Klaus (pra qué castellanizallo/galleguizallo chamándolo Papá Noel, que somos cosmopolitas i falamos en inglés) que reivindica un aprecio polas culturas del mundo... i que en consecuencia ta pensando na Navidá xa dende el primeiro día de Acción de Gracias (cosmopolitas somos, á metrópoli imperial miramos).

Pero... Que imprica reivindicar lo de noso? Mui fácil, reivindicar lo de noso imprica querer ter al Santa/Reis Magos/Anguleiru/Apalpabarrigas/Olontzero... nel centro comercial de turno, repartindo entre os nenos os xuguetes de moda, colgando en forma de peluche das ventás... (por certo, a quen rediós se ie ocurriu el horterada tan de moda de us anos pra acó del manto del Neno Xesús nas ventás?), en definitiva, reivindicar lo de noso non deixa de ser úa manera de xenerar un producto de consumo máis pra un público específico (que es cosmopaleto? consume Santa Klaus, que es máis español que a cabra da Llexón nun concerto de Isabel Pantoja con úa camiseta da Iniesta? consume Reis Magos. Que namáis erguerte sólo pensas en llevantar pedras? Olontzero é a túa opción. Se te baxas el himno de Asturias tocado por Xuacu Amieva de politono, sen duda L'Anguleiru poderá remontar os ríos hasta A Estierna se fai falta. Que teis un póster de Seivane na parede i acosas por Twitter a Carlos Núñez? El propio Beiras vendrá a túa casa a apalparche a barriga mentres durmes. A cousa é que coias daqué que é lo máis anti-comercial pra poder mercallo (se hasta el Che i Camarón se parecen estampados en úa camiseta, que máis dá?).


I a cousa é que eu gosto muito da Navidá. Gosto de tar en casa, colos meus (si, eso fáigolo todo el ano), gosto de esas noites que amanecen xugando ás cartas i teño esta festividá apuntada nel meu almanaque cultural (que pra daqué teño os meus raigaños culturales nese sincretismo cultural que se deu condo el nacemento del Rei dos Xudíos se sobrepuso sobre el Nacemento del Sol Invicto ou Saturnalia i estos sobre el Solsticio de Inverno). Pero non, non gosto nada de esas colas interminables nos centros comerciales, de esa obrigación de fer regalos (que se note que son caros ou que non se note que son baratos), en definitiva, non me gusta nada que as nosas tradiciois acaben sendo, sen máis, un obxecto de consumo, un obxecto de escaparate i de exotismo autocomplacente.

Non sei, quizabes seña eu mui raro, pero prefiro ver un tronco de carbaio queimando na cocía i servindo de finxo prá lleña del ano ou úas foias de acevro á porta que un anguleiru made in Taiwan colgando da ventá. 

En colquera caso, celebrédeslas como las celebredes, deséovos felices festas, bon Nadal i un miior ano novo.


quarta-feira, 10 de dezembro de 2014

Delantre dos oios.

«O querubim gostou de ver aquele sonriso. No céu também se sorria muito, mas sempre seraficamente e com uma ligeira expressão de contrariedade».
(José Saramago, Caim).
«Nun teño intención d'entar
nel tou reino dos cielos;
pol resto, eu xa sei
únde queda el inferno».
 (María José Fraga, Terra de Pataricos).


Unde foi que posou el ánxel
aquella tremorosa mao
senón nas túas tetas?

I ver a túa sonrisa
i todo el que oculta;
el que guardan os tous oios,
el que guardan a os meus oios
el que se esculca
i non se divisa.

 I sentirte tan llonxe
como a min mesmo me sinto.
I sentirte tan cerca,
apertando meu corpo como un cinto,
el que amarra meus calzóis
pra que non caigan,
pra que non faigan
que boten a volar as pasiois.


Unde foi que posou el ánxel
aquellos tremorosos oios
senón foi en ti?

Será que aquel que dixo
«A lluz seña feita»
nunca foi?
Será que si que foi
el que te quixo
xunta min, dereta?
Será que hei vagar eu sin descanso
como vagou el probe Caín?
será que tamén llevo a morte en min?
Ou pode que acorde de este disenso?


Unde foi que posou el ánxel
a súa tremorosa llingua
senón nos tous llabios?

I non me importa.
Si el que dixo «señan todas as frores»
esistiu ou nunca foi.
I nun me importa
porque todas as frores sodes hoi.
I el tou arume espárdese como por folles
de úas gaitas que soan tremorosas
anunciando úa morte segura
i quen sabe se a tortura
de morrer nas terras pantanosas
que tán llonxe dos tous brazos atentos,
dos tous chuchos apasionados,
país de castellos, dragois i portentos
del que quen sabe se tou xa desterrado.


Unde foi que posou el ánxel
a súa tremorosa palabra
senón nel tou sexo?

I hei migrar al Oeste,
i hei de atopar os tous oios.
I hei correr hacia el Leste
i hanme alcanzar os tous chuchos.
I hei beber da túa llingua
                                         da túa frente
                                                             del tou peto.


I hei de saciarme nel tou sexo, beber todo el augua que hasta ei chega, correndo por todo el tou corpo, dende el manantial dos tous oios

llimpios.

quarta-feira, 3 de dezembro de 2014

Estructurar a través das parroquias.

Agora fálase muito de construir dende as bases. Tal parecera que nunca
primeiro se falara das bases, tal parece que nunca primeiro nel mundo se construira dende abaxo... Pero lo certo é que a nosa sociedá, a sociedá asturiana, construíuse sempre dende a base (vale, a sociedá asturiana i colquera sociedá se construi, case por definición, dende abaxo). I é que cada vez máis falo da necesidá de restructurar territorialmente Asturias, de ter outra visión del territorio, pero hai daqué que, se ben é verdá que se fala muitas veces (benditos chigres!) poucas veces se ten, realmente, presente al hora de fer política, al hora de fer política i al hora de construir discurso (nel caso que nos ocupa i que nos importa, de construir discurso soberanista). 

A base territorial sobre a que se estructurou tradicionalmente Asturias é, sabémoslo todos, a parroquia. Einda máis que el conceio, que sen duda ningua é tamén ua das estructuras básicas de este país. Asina el Estatuto de Autonomía de Asturias establece nel sou artículo 6 que «1. El Principado de Asturias ta organizado en Conceios y Comarcas. 2. Á parroquia rural ha de reconocérseie personalidá xurídica, como forma tradicional que é de xuntura i asentamento dos asturianos». De mao el Principado vai, con esto, a reconocer a posibilidá de estructurar Comarcas en Asturias, anque, de facto estas comarcas non van existir, quedando, únicamente, uas mancomunidades sen personalidá xurídica propia na que os Conceios entran i salen sen máis. I por outro llado (i el que en este momento nos interesa) el Principado vai reconocer a figura xurídica da Parroquia. Se nel caso das Comarcas esto vai ser papel moiado, nel caso das Parroquias vai ser einda máis sangrante, xa que el propio Estatuto fala de personalidá xurídica. Personalidá xurídica que namáis van ter uas poucas parroquias, namáis 39 van ser reconocidas con ese estatus xurídico. Un estatus xurídico que vai garantizar un órgano de governo propio da parroquia, escoïido polos vecíos de esa parroquia (as papeletas verdes das mesas electorales das parroquias reconocidas). Un reconocemento que, dende ua óptica asturianista, soberanista, municipalista, asamblearista... i todos os ismos dos que nos adornamos davezo, é insuficente. É insuficente porque, por un llado, tamos falando de construir dende a base, i por outro llado porque a nosa parroquia rural tradicional non é propiamente dito ua institución administrativa. A parroquia imprica conceio, é dicir, axuntar, aconceiar os vecíos, non votar. Diríamos (i xa non falamos de tradición, falamos de política actual, política del século XXI pral século XXI) que a democracia non é namáis votar cada cuatro anos. A democracia é construir, é participar, é formar parte del mecanismo pol que nos governamos. I aquí a parroquia ten muito que dicir. Ten muito que dicir porque el sou tamaño fai posible fer asambleas vecinales sen demasiada compricación, sen que os vecíos teñan que desprazarse máis da conta... i permite estas asambleas entre iguales. Iguales porque son vecíos, son iguales, pero non son iguales namáis na sua condición de ciudadanos, senón na súa condición de vecíos. Esto é, máis ou menos i colos matices que quéramos poer, nas parroquias conocémonos todos (cousa que non sempre pasa nel conceio, especialmente naquellos conceios grandes).

Esto é daqué que el movemento asturianista esqueicéu en non poucas ocasiois. En non poucas ocasiois nos prantiamos seriamente a necesidá de estructurar el territorio. Estructurar el territorio é, evidentemente, dotar de medios de comunicación a Asturias (esto é, a os llugares de Asturias). Querse dicir, estructurar el territorio é que FEVE non seña un tren al pasado, un tren que mantén sen modernizar muitísimas llinias. Estructurar Asturias é ter uas vías adecuadas, non sólo entre as grandes ciudades, i ter uas llinias de autobuses públicas i de calidá (que de Les Cuenques a Uviéu non se tarde ua hora, nin haxa nada máis un autobús de Navia a Grandas). Estructurar Asturias é potenciar os portos... Ben, todo esto e estructurar Asturias. Pero non sólo esto é estructuar Asturias. Asturias ten que estructurarse tamén políticamente. Xeopolíticamente.

Ben de veces confundimos el municipalismo col trabaio nos conceios. Ben, trabaiar nos conceios é importante, mui importante. Pero eso non é, necesariamente, municipalismo. Municipalismo é trabaiar nos conceios, pero é trabaiar dende os conceios i pra os conceios. Xenerar el discurso político nos conceios, porque non é comprensible que dende a reivindicación de que as políticas pra Asturias non se faigan dende el centralismo madrileño se pretenda fer dende el centralismo uviedín as políticas pra os conceios. I non, non é comprensible que dende as villas se pretenda fer políticas centralistas que esqueizan os llugares i pensen namáis nesos núcleos urbanos. I sobre todo, non é aceptable reivindicar el poder del pobo, da xente... sen querer que a xente forme ese poder, que se constituia en poder.
 
Falamos de parroquias, i, naturalmente, falamos de parroquias rurales. Al hora de falar dos grandes núcleos urbanos del noso país (Uviéu, Xixón i Avilés) cabe falar de barrios (sen esqueicer, por ello, as parroquias das zonas rurales de estos conceios). É necesario falar de barrios porque, al rovés del que ies pasa a muitos construidores de discurso, entendemos que non é lo mesmo a realidá urbana i a rural, sen que por ello señan, que non lo son, nin se pode entender asina, realidades antagónicas. Se en Cuaña cabe falar de xuntas vecinales da parroquia de Muías (por poer a mía de exemplo), en Uviéu cabe falar de xuntas vecinales del barrio de Fozaneldi (por seguir poendo de exemplo os casos que máis a mao teño). 

Non se trata, todo lo contrario, de burocratizar máis el país con institucióis novas. Mais al contrario, trátase de desburocratizallo botando mao da nosa propia tradición política. Obviamente ua tradición reinventada, pois a naide se ie pode escapar el caciquismo que reinaba nos conceios de vecíos nas parroquias da Asturias tradicional. Non pretendemos volver á Asturias preindustrial, lo que sería ridículo i, ademáis, imposible. Pretendemos basarnos na nosa propia tradición política pra construir as novas realidades, a participación ciudadana da que tanto se fala nestos tempos. Ua participación ciudadana que non pode ser meramente consultiva, ten que ser vinculante. Por caso, taríamos falando de presupostos participativos, de iniciativa llexislativa (sen necesidá de conseguir miles i miles de firmas, cimpremente cola maioría representativa dos vecíos de ua parroquia) i, en definitiva, de construir política dende abaxo, dende os vecíos (máis concreto que a xente ou a ciudadanía), nos barrios urbanos i nas parroquias rurares, porque os de abaxo poden tar aconceiándose nas prazas principales das principales ciudades ou nas caleias, al pé das cortes (das cortes de verdá).
El movemento soberanista ten que ser quen a lluitar pola soberanía del país, dos sous conceios i das súas parroquias, lo que ven sendo a soberanía da xente. Construir país dende a base non é, namáis, trabaiar na base, é ter a base como el centro del discurso político, como el centro das nosas preocupaciois, das nosas políticas, del noso trabaio i del noso discurso. Esas son as bases constituíntes, as que constituin, fundamentalmente, a política nos sous llugares i xeneran el sou país, que non é outro que a terra onde tán as paisanas i os paisanos, a terra que pisamos i as nosas realidades máis inmediatas.