sábado, 19 de abril de 2014

Orfos.



Vei xa muito que quedamos orfos.
Orfos da nosa propia terra,
d’esta llingua que nun nos legaron,
d’ese futuro que nos aterra,
d’ese futuro que nos negaron.
Vei xa cónto que quedamos orfos.

Orfos d’ilusióis
y completamente castrados.
Cortáronnos os coyóis,
ésos que llevábamos arrastrados
por estas vidas de tristes alienados,
sen dolos nin pasióis,
namáis sentimentos-placebo televisados.

Televisados por outra xente,
xente que nun somos nosoutros,
nin son ellos, nin sodes vosoutros.
Televisados pol impersonal ente,
pola xente-ente.
Outros, non nosoutros.

Xente que berra dende as súas teles
que nun vale de nada todo el que tedes,
que de nada vale el tou llugar nin a túa xente,
que nada vale máis qu’el asfalto calente
de dalgúa capital europea
ou del África sub-pirenaica
unde ta a panacea
d’esta nova perestroika.

Emigra, fuxe, esquéicelo todo.
Todo el que viviche nunca sucedéu.