sábado, 29 de novembro de 2014

Velaí

Voces que abrazan.
Ollos que acarician.
Palabras que envolven
i un correr de ideas como el augua
de un río que mana,
quén lo diria,
entre dura pedra
de faragullas
de pan suízo.

El chucho que non se dá
el chucho que se calla
i un adiós fugaz.

Velaí a felicidá,
alimento de eso que chaman
espíritu
Tan breve
i tan pra sempre.

quarta-feira, 26 de novembro de 2014

Mortos vivintes.

I de sópito espertéi en The Wallking Dead.
De sópito espertéi nua ciudá de mortos vivintes,
mortos andantes, consumintes i, ás veces, pensantes.
Onde todo el mundo sabe ónde vai, por qué vai i el que diz.
Uas calles balleiras de personas i cheas de xente.
Hasta que pasa, de repente.
De repente, ás veces, pasa de repente.
El morto pecha os ollos i ve,
i de sópito, pasa de repente, xa nun cre.
Vese a sí mesmo en medio de toda a xente.
Xa nun cre, qué vai crer!
se xa ten visto todo el que habia que ver.

Esperta i xa non sabe ónde vai,
non sabe xa qué é el que diz,
qué el que pensa i el que fai.
Espertóu en The Wallking Dead.

Xa é tarde, xa ta esperto
en medio dos mortos, del deserto.

De sópito, ás veces pasa de repente,
espertéi nuas calles de mortos vivintes,
uas calles balleiras de personas i cheas de xente.
Nuas calles de mortos poucas veces pensanes
i einda menos vivintes.
I sóubenme perdido.

domingo, 23 de novembro de 2014

I, como sempre, eras tu.


Hoi volvín verte.
Outro pelo,
outra ropa,
outra traza.
Pero ben sei que eras tu.
Outra cara,
outro corpo,
outros ollos.
Mirácheme como avezabas a fello.
Esa media sonrisa,
ese mirar col rabín
i, finalmente, ese bico de desdén.
Non cho perguntéi,
pero imaxino que outro nome,
outra vida,
outra historia
a tua,
non a mia
que era la de sempre.
Eras tu.
La de sempre.
A moza del final da barra.
Tantos anos,
tantos cambios,
i al final como sempre.

Acabéi a cerveza
i marchéi contigo.
I tu quedache na barra,
quiciabes con daquén.
Non me importa,
porque eras tu,
la de sempre.
Outro pelo,
outra roupa,
outra traza,
outra cara,
outro corpo,
otros ollos
i nel mirar
el mesmo puto bico de desdén
de sempre.

I con todo,
alegréime de verte.

sexta-feira, 14 de novembro de 2014

Gallego.


Asina, sen panos calentes. Asina, pra fer amigos, pero sobre todo, asina, pra ser, anque seña namáis por ua vez, consecuente colo que se pensa. Nel Eo-Navia falamos gallego. Gallego, gallego. Non ua llingua de transición, non ua cousa intermedia que é pero non é, pero non sabemos se é nin queremos saber... Falamos gallego.

Val, si, escrupulosamente falamos gallego-portugués. Val si, escrupulosamente non falamos el mesmo gallego que falan na TVG, como non lo falan en Berghantiños, todo seña dito, i como en Ḷḷuarca non falan el mesmo asturiano que en Uviéu, pero a pesar de ello falan asturiano, non asturiano de transición, nin falieḷḷa, nin hostias en vinagre. Falan asturiano, si, occidental, pero asturiano.

Si, somos asturianos, non somos gallegos, como os chilenos son chilenos i non castellanos nin españoles, pero falan castellano (ou español), non chileno. Non se pode falar da llingua chilena, como non se pode falar da llingua eonaviega.

Si, soi mui mui conscente que dicir esto é botarse a os lleois. Soi mui conscente que dicir esto é gañar el odio eterno de boa parte del asturianismo i, evidentemente, de boa parte del asturianismo del Eo-Navia. Tamén soi conscente de que outros, como eu, dicen esto mesmo en petit comité, nos chigres, ben baxo, eso si, nun seña que daquén lles escuite. Podemos falar de esto, pero temos de fe-llo mui mui baxo, nun seña que daqué se entere i... Ben sei que hai máis de ún que pensa esactamente esto que tou dicindo pero nun se atreve a dici-llo abertamente porque ten un medo razonable a ser condenado a ostracismo i a gañar muitos enemigos. Será posible que falar i dicir el que pensa valia pra gañar enemigos? É-lo.

Falamos gallego i somos asturianos. Falamos gallego i temos dereto a decidir cómo queremos xestionar a nosa propia llingua... Si, por suposto, pero imos ser claros (i imos siguir fendo poucos amigos, i crédeme que non é esa a mía intención, pra nada), pero decidimos xestionar a nosa llingua dende el presuposto de que nun é gallego. Con ua norma que non é que teña como base ideolóxica resaltar as nosas propias variedades, sinón directamente fer ua norma pra non mirar a Galicia i a os outros territorios del Reino de España que falan gallego (xa non vou falar da Lusofonía, porque pode darnos un telele). I condo digo tomamos falo de ua parte mui concreta del que foi el movemento de reivindicación llingüística, porque houbo outra xente que con maior ou menor acerto tomaron outros camíos (i si, esa xente tamén ta chía de defectos, muitas veces os mesmos que nosoutros i mesmo outras veces defectos piores), pero con todo non é nin xusto, nin saludable, nin intelixente obvia-llos. Convén, por caso, dicir que a primeira vez que a daquén lle deu por fer ua norma pral Eo-Navia foi condo se amañou a norma da Mesa pola Defensa del Galego de Asturias. Que non é millor norma que se pudo fer? Sen duda, é ua norma con muitísimas pegas, pero non foi ua norma feita pra fer pasar el que falamos nel Eo-Navia como outra cousa que non é gallego.

Que si, que muita da xente que defendeu esa norma defenderon a galleguidá del Eo-Navia siguindo a premisa de «ua llingua, ua nación». Creo que os que optaron por usar as normas del asturiano pra escribir na nosa llingua non partiron de premisas mui distintas. Qué razón se non poderían ter pra usar esa norma pra escribir en gallego-asturiano? Non, non séñamos inxenuos nin vaiamos de ilusos, ningua, absolutamente ningua norma (i menos en ua situación de politización da norma como á que chegamos aquí) é inocente nin espontánea. Non, os falantes de gallego-asturiano non chegaron á conclusión espontánea, ellos solos, de que había que usar tal ou cual norma, chegaron despóis de ua politización da norma en ua dinámica na que os defensores de esta llingua non dudamos, en tantas ocasiois, fer frente común con La Nueva España.

I insistimos en non usar a espresión gallego pra referirnos á nosa llingua. Siguimos esactamente a mesma lóxica dos que falan da llingua valenciana, a llingua balear i el LAPAO, anque pra aquellas terras temos un discurso mui distinto al que temos prá nosa, porque claro, nunca é lo mesmo, el noso caso é único nel mundo mundial, ua llingua de transición como non hai outra nel mundo, ua realidá cultural i social irrepetible... Sen duda, témo-nos en mui alta estima, anque a xulgar cómo xestionamos todo lo noso, parece que témo-nos nua estima mui baxa.

Somos asturianos, queremos formar parte de este país y queremos construi-llo. Pero eso non pode supoer, nunca, ua ruptura col resto de terras que falan a nosa mesma llingua. É irrazonable que, por caso, a xente que intentamos fer lliteratura nel Eo-Navia (anque dalgús séñamos particularmente malos neste llabor, non é el que se xulga agora) non conozamos nada, nada, a lliteratura que se fai en Galicia. É absolutamente ridículo que non pódamos aprovetar-nos de toda a capacidá que tán tendo en Galicia ou en outros países de fala gallega de normalizar a llingua i producir riqueza lliteraria. El mesmo asturianismo que defende esta actitú hacia el Eo-Navia non entende que en Lleón se poda defender que el lleonés non é asturiano ou que (lo que pasa en certas terras tende a importarnos muito) en Baleares ou na Franja se faiga con respecto a Cataluña. Claro, aquí siguimos aceptando a premisa de «ua llingua, ua nación».

A nosa sociedá, a sociedá del Eo-Navia, é la que é. I é la que é i non la que queremos que seña nosoutros, nin la que queren ou pensan que é determinados militantes asturianistas ou galleguistas en Uviéu ou Santiago. Pero cuidado, el argumento de «a sociedá é a que é» lo mesmo nos vale pra defender ua norma isllacionista como pra defender el uso escrusivo del castellano, llingua común, i posturas políticas que, a lo menos eu, non tou disposto a asumir. El que quero dicir con que «a sociedá é a que é» non é que haxa que «fer lo que quer a xente» (como se a xente fora un todo homoxéneo y como se a voluntá de a xente fora espontánea i non houbera ningua manipulación de, por caso, os medios de comunicación). El que quero dicir é que se ben é verdá que el gallego-portugués constitui ua unidá llingüística (eu non soi filólogo, pero einda non coñocín el filólogo que lo negara), tamén é verdá que el peso del castellano é mui grande i que a norma portuguesa supón un serie de dificultades añadidas a ua sociedá que non ten el acceso adecuado al alfabetización na sua propia llingua. Pero partir de esta base é ua cousa i perpetuar a situación é outra. Entre liarse ua toballa á cabeza i irrumpir na Veiga a ritmo de samba pidindo que nos poñan un cha i manter un discurso eterno de que el que falamos non é gallego-portugués ou que é gallego-portugués pero que (ua llingua ua nación) ten que ser tratado como se fora outra cousa, porque en cada llugarín falamos distinto i temos ua serie de peculiaridades escepcionales que flipas en coloríos (sen negar a importacia que ten a diversidá interna de colquera llingua, non é del que tou falando) hai un mundo i, en consecuencia, corentamil términos medios que poden permitir-nos avanzar dende a realidá social que temos hacia ua realidá social que sería deseable, la de ua sociedá que non tuvera prexuicio en compartir llingua con outras terras i que non tuvera medo nin problema en usar a sua llingua en todo tipo de situaciois. I por qué non dici-llo, la de un movemento nacional que non ten medo a dicir que neste país que chamamos Asturias se falan duas llinguas propias, duas llinguas territoriales, i que as duas forman parte de un proxecto nacional, se é que apostamos por llevar alantre ese proxecto nacional (a non ser que quéramos escluir a ua parte da xente i del territorio de ese proxecto). I esto non pode fer-se se non empezamos polo básico, chamando ás cousas pol sou nome i aceptando todo lo que eso conlleva.