quinta-feira, 19 de fevereiro de 2015

Ta de moda el morado?

Acércase el 8 de Marzo. I como todos os 8 de Marzo os paisanos d'esquedas, feministas, antifascistas, soberanistas i istaistas saliremos á calle a reivindicar, xunto coas nosas compañeiras, primeiro que ellas, quiciabes. A reivindicar un espacio unde a muier seña igual que el home. A protestar (actualidá impón) contra a penalización del aborto (algún día axuntarei el valor que necesito pra falar del aborto). Saliremos alzando as nosas bandeiras moradas. I é que el morado é lo que se lleva. Ta de moda. Bendita moda, dirá muita xente. Si, bendita moda. Pero xa sabemos el que pasa coas modas, que son eso, moda. Pasan.

As modas pasan, pero os discursos permanecen. Outra cousa é que, aparte de entender os discursos, séñamos quen a interiorizallos. A interiorizallos i a fellos propios, i con ello a reconstruillos, a apropiarnos de ellos, porque, digo eu, que tamén terán que ser nosos, i con ello, tamén poderemos fer con ellos el que nos salia das gónadas, masculinas, pra ser máis esactos. I é que somos paisanos. Somos paisanos, educados como paisanos, pra lo bon i pra lo malo. Somos paisanos i como paisanos caminamos os nosos camíos (sí, hoi tou escribindo namáis pra os paisanos, ou pra os paisanos i pras muieres, pero como paisano). Somos paisanos de úa sociedá patriarcal i machista, i en consecuencia somos i actuamos. I quen diga que non, minte. Sen matices, sen espricaciois, minte. I pode mentir por vergonza, mui comprensible, por medo, mui respetable, ou por corrección política i, con ello, porque hai que sacar réditos. Réditos de muitos tipos. En forma de votos, en forma de hexemonía de discurso, en forma de nun quedar fora del onda que se lleva. Ou como dicía úa mui búa amiga mía (i referente), nun falta quen, vestido de morado, quer follar. Follar é mui llexítimo tamén.

Pero as cousas claras i el chicolate espeso. Pra min nun é lo mesmo que ie inflen a cara, por caso, a un compañeiro que a úa compañeira. Podo adornallo como quira. Nun é lo mesmo porque núa sociedá patriarcal el agresión contra úa muier... lorlorlor. Ta ben, se eu tou máis tranquilo con eso, nun parece que haxa nada malo, a lo menos nun ie faigo mal a naide, entre outras cousas porque a naide engano (muito menos a min mesmo). Como a naide engano ante outras actitudes (non, nun vou fer un rosario de actitudes, que cada quen faiga el sou, eu el meu xa lo teño feito, ou en ello ando). I muitas de esas actitudes serán actitudes que eu, como paisano feminista, quira remediar. Outras actitudes serán as que como paisano, por mui feminista que seña, nun quira remediar. Si, nin me vou sintir incapaz nin hostias, nun vou querer (al exemplo me remito). I igual é cousa de poer mouro sobre branco as cousas. Igual é cousa de fer un análisis máis alló del autoflaxelamento. Sobre todo porque el autoflaxelamento aveza a ser cara pra fora, pra os demáis (pras demáis, mui particuarmente). Como fain os que se flaxelan (que tamén se acerca el tempo de ello) os que procesan na Semana Santa.

Acércase el 8 de Marzo, i muitos paisanos feministas, antirracistas, soberanistas i istaistas imos vestirnos de morado, porque el morado ta de moda. Porque toca. Imos mansuñar os discursos das nosas compañeiras, quiciabes como nos gustaría mansuñar ás mesmas compañeiras, sen entender gran cousa i, sobre todo, non interiorizando el pouco que pódamos entender. Porque non, os ismos é el que tein, que nun precisan de interiorizar nada. Namáis precisan de tar ei, de xiringarse como xiringamos tantas i tantas bandeiras que xiringamos, sen entender que úa bandeira é namáis un trapo, que úa idea é úa idea i un sentimento é un sentimento. I eu comprenderei i compartirei ideas, i en consecuencia xiringarei bandeiras, pero é preciso dar un paso máis, interiorizar sentimentos. Interiorizallos no personal i no colectivo, cousa ben mala de fer se nun somos a colectivizar, a socializar os discursos, os medos, as fraquezas. Porque un discurso que se sostén en fortalezas ideolóxicas é, de normal, un discurso postureiro, pois como homes (homínidos, digo) somos fráxiles, sacos fraquezas con patas. I na fraqueza é unde ta a forza. En reconocer as fraquezas, digo.

I a verdá, preocúpame. Preocúpame que cóiamos bandeiras que podan ser pesadas abondo como se foran llixeiras. Preocúpame que pódamos coier as bandeiras porque toca, porque é a moda, sen interiorizar os discursos, os sentimentos. Preocúpame que porque séñamos quen a argumentar un mañuzo de ideas básicas pensemos que xa somos os amos das bandeiras queu xiringamos. Preocúpame máis que asumamos con naturialidá que nun somos os amos de esas bandeiras i que a nosa función é nomáis axudar ás compañeiras a cargar con esas bandeiras pesadas, combartir as súas lluitas duras. Porque digo eu que as nosas compañeiras son quen a peliar el que teñan que peliar sen a nosa masculina axuda, i serán capaz de cargar coas bandeiras que ellas mesmas coseron, al peso xusto pra que ellas puderan con ellas. Preocúpame que nun séñamos quen a coser as nosas propias bandeiras moradas, al noso propio peso. Preocúpame nun ser quen a xenerar el discurso á nosa midida i de entender que non, que nun é úa lluita máis na que hai que tar al pe de igualdá, porque non, a lo menos en esta lluita nun somos iguales. Eu nun teño ningún medo condo na noite escura nel caleyón escuro úa moza camina detrás de min. Eu nun adelanto el paso pra nun tella pegada al cul. Eu adelanto el paso condo, na noite escura, nel caleyón escuro i solitario, camino detrás de úa moza, porque dame medo que ella teña medo i adelante el paso pra nun terme pegado al cul. Asina que lo adelanto eu pra deixalla detrás i deixe de preocuparse de ese maromo que camina detrás de ella nel caleyón escuro. É namáis un exemplo. Un exemplo tonto. Un exemplo nel que ides (presinto) fixarvos muito, tanto como pra nun entender namáis que el exemplo. Un exemplo, que como todos, invalídase con muita facilidá. Un exemplo que nun vou comentar nos bares coa birra na mao, porque, xinxellamente, nun quero.

I esto é úa confesión, vai chegar el 8 de Marzo, i como tantas veces, vou ter medo de tar unde nun teño que tar. Apoiando ás mías compañeiras. Con un discurso de home feminista, antifascista, soberanista, istaista que nin foi colectivizado nin madurado. Úa vez máis, vou ter medo de tar, namáis, porque toca.

quarta-feira, 18 de fevereiro de 2015

A puta.

Baxando el Postigo cruceime ella.
Grande,
moura,
forte,
guapa.
Namáis con mirarme podería aplastarme
como aplastan os nenos ás fornigas
nas tardes calurosas de verao.

Con ella iba outra muier,
pero eu namáis la vin a ella,
tan grande,
tan moura,
tan forte,
tan guapa.

«Chupa, chupa»
dixo nun mal castellano
al pasar al meu pe,
baxando el Postigo.
Pensando, de seguro,
en fer el último cliente da noite.
De úa noite fría de calles balleiras,
de bolsos balleiros,
de poucos servicios.

«Chupa, chupa».
Namáis con mirarme podería aplastarme,
grande,
moura,
forte,
guapa,
como aplastan os nenos ás fornigas
nas tardes calurosas de verao.

«Non, gracias»,
acertei a dicir
enterrando as maos nel fondo dos bolsos da cazadora,
ufertando úa sonrisa que procuraba ser amable
i que escondía el medo.
El medo de saberme
un neno aplastado pollas fornigas
núa noite fría de inverno.

segunda-feira, 9 de fevereiro de 2015

Carta del que soi á que é.

Mui querida amiga:

Váleme un mundo que sepas,
valeríame se namáis lo barruntaras,
que esisto.
Que aquí tou.
Valeríame muito máis
se barruntaras que soi.
Porque tou
pero, porriba de todo,
soi.

Soi eu.
Soi hoi.
Hoi soi eu,
que é un xeito de dicir
que hoi soi tu.

Os tous oios son infinitos de penumbra
insondables
a os meus oios  fugaces de tristura.
Os tous oios son profundos
como os tous silencios,
i os meus oios,
os meus
son de silencio,
como as palabras que escribo,
las que nun digo
por medo.
Medo a atopar ouguidos xordos
como os meus xordos llamentos.

Esas palabras nas que eyaculo
todo el medo que llevo dentro.
Esos silencios colos que me falas
de toda a forza túa que me afoga
de alegría.

Soi i nun tou.
Taría sendo tou.
Quen sabe.
Quen sabe
se es porque soi.
Quen sabe se tas
i soi eu, que nun soi
quen a vello.

I aquí tou,
sempre tou,
tou sempre.

Sempre tou;
el que eu soi,
Moisés.

quinta-feira, 5 de fevereiro de 2015

Que fato que soi.

Pra ti, que anque che escribo (anque te escribo) ben sei que nun me lles.


«E fico a pensar
que mundo tan parvo
onde para ser escravo é preciso estudar.
Sou a geração em casinha dos pais,
se já tenho tudo, para que querer mais».

                        Deolida, Parva que sou.


Únde quedaron aquellos mozos tollos?
Únde quedaron aquellos soños rotos?
Aquellos soños de xente ceive
que quería ser llibre.
De xente que pensaba ser llibre
i nun taba nin ceive.

Aquellas maos al aire,
aquel desasosego dos naide,
aquel querer todo,
aquel querer tollo.

Soi da xeración sin remuneración.
Aquella que estudia prá escravitú.
Aquella que berrou con emoción
pol sou dereto inalienable
                                          indiscutible
                                                            incombustible
de ser llibres pra casar i procrear
como lo foron as madres i as volas.
De ter llibertá a fartar
pra comulgar con rodas de molín,
sin farina nin molieira
pero con chapas de caldeira na faltriqueira,
como colquera fiio de vecín.

Saliamos todos á calle!
Úrxe fer a revolución dos coches,
das vacaciois ben llonxe i dos broches!
Como non, dos ifones pra tuitear cada detalle
de esta imparable revolución
que nos trae novas ideas,
anque cheiren a veias.
Das ideas de caxón.

Queremos fiios i marido,
que pra daqué somos muieres.
I darïe al mundo todo el sentido
que ten cumprir colos nosos deberes.

Os nosos deberes.

Os nosos deberes.

Os nosos deberes.

Faite un home, ten fiios, failos medrar, bótalos al mundo i morre

morre

morre

morre.

Que naide te aparte del tou maior soño, del tou destino de llibertá:

Pagar as lletras de un bon coche.



PD: Porriba de todo, nun penses en soñar con daqué distinto al que teis que soñar.