quarta-feira, 30 de setembro de 2015

Coradas viscerales ou a maldición del (auto)engano anunciado.

Contan que houbo un marín que mandou que lo amarraran al mástil pra poder ouguir ás sereas sen atollar.

Mentira.

Naide hai que non atolle
ouguindo os cantos de serea,
de voces suaves
                        cautivadoras
                                            exóticas
que cantan detrás das llúas mouras
dende el mourén máis escuro
das escuras coradas.

Naide recupera
dos ollos infinitos,
lluceiros nocturnos
que iluminan os mares
nos que hei afogarme.

Como nos encantan
regalándonos el ouguido,
a vista,
el corazón
pra devorarnos ben llougo,
non deixando
nin un óso.

Naide deixoume cego!
Naide deixoume cego!
Naide deixoume cego!

Maldito el home
que cegou á bestia.
Malditos os ollos
que cegaron al home.
Maldito el suspiro
ceibe al aire
sen eco
          nin retorno
que fexo úa bestia
del home.
Úa bestia
a la que poder cegar
                               matar
                                       castrar
nos sous suspiros
sen sentir remordemento.

Maldito el home
que por afogarse nus ollos
pensou beber de ellos
e foi consumido
pola nada.
Maldita Naide
que cegou al patarico,
que na soledá tremaba
envolto en ouca e frío,
envolto en frío e ouca
na tumba submarina
que xa ocupa nesto que chaman
vida.

Maldito!
Malditas as palabras,
malditos os versos,
as noites en vela,
os soños das noites,
malditos todos os poemas.

Malditos
porque botaron raigaño
na mentira,
na ilusión
del ilusionista,
na nada.

Maldito el tonto dos collois
que vivíu namais de ilusiois.
Malditas todas as sereas
que traban
impías
         impúdicas
                        inmisericordes
nas coradas
dos homes
pequenos
como piollos.
dos homes que namáis tein soños,
dos homes destinados a morrer solos,
dos homes destinados a morrer tollos.

Que cho perdone el tou Deus se quer,
que eu non mo perdono.

Malditos os meus ollos, que van zarrarse úa noite máis
admirando el brillo dos tous ollos
mentireiros.

Nenhum comentário:

Postar um comentário