sábado, 28 de novembro de 2015

A llarga noite.

Teito.
Pan.
Traballo.
As nosas demandas.
Tamén un corpo suave
que acompañe as noites,
os soños
                os espertares
                                         os desvelos.

Teito.
Pan.
Traballo.
As nosas demandas.
Tamén chuchos cálidos,
tenros
            ardentes
                            callados
que acompañen os días
e reconforten pesares.

Teito.
Pan.
Traballo.
As nosas demandas.
Tamén úa mao serea
que zarre os meus ollos
el día que morra.
Úa mao que lle dea
sentido a estos días tollos,
a esta vida ausente.

Teito.
Pan.
Traballo.
As nosas demandas.
Pero non sólo de pan vive el home.
El teito non lo guarda todo.
E para traballos...
abondos xa los que me dan
matar os silencios.

Nesta llarga noite
dos quinentos anos.
Nesta llarga noite
dos millois de anos.
Nesta llarga noite
da que nun soi quen
a espertar.

Teito.
Pan.
Traballo.
As nosas demandas.
E un chucho ausente
botado al aire
que noite a noite,
vida a vida,
esbarrumba.

Um comentário:

  1. me encanta come escribes y la sensibilidad y la ternura que escondes tras las letras..

    ResponderExcluir