quinta-feira, 18 de fevereiro de 2016

Viva a morte.

                       "¡Viva la muerte!"
                              Millán Astray (felizmente morto).

Berrar.
Berrar.
Berrar!

El fascista deforme
tía razón:
Viva a Morte!
Viva a Morte
e que vivan os mortos
que nesta terra vivos non quedan.

Tía razón el moneco cosido,
Viva a Morte,
vivan os vosos mortos
porque están mortos.
Morrades vosoutros
que vivos non estades.

Viva a Morte.
A vosa,
a nosa.
A nosa
despois da vosa.

E inmolarse
nel Valle de los Caídos,
na Fundación Gustavo Bueno,
en colquera patio de escola,
en colquera parte.

Inmolarse
levándovos
                 levándonos
pol medio.

Viva a Morte,
que vida non queda.
E a daquén teño que odiar
despois de espertar chorando.

Nenhum comentário:

Postar um comentário