quinta-feira, 20 de julho de 2017

As cinzas de Babilonia.

Condo caera Babilonia
eu estaba alí.
Estaba alí
condo arderon as torres de ouro,
os palacios,
os reis.
Estaba alí,
condo ardeu Babilonia.
Caeume a cinza enriba.
Queimoume.

segunda-feira, 10 de julho de 2017

Socios para La Llegra.

Dende que La Llegra se constituíu na Madreña, primeiro, e na rúa del Postigu, despois, participei en maior ou menor midida (dependendo da situación persoal, dos ánimos ou desánimos...) neste proxecto que pode ter cousas amillorables (como colquera proxecto), pero que tamén é un proxecto que pode aportar abondo al asturianismo anguano.

Non hai ningún proxecto político que seña el único, a panacea, el salvador... Mais non hai tampouco ningún proxecto que sobre, que non aporte, que non sirva. Al menos, se lo hai, ese proxecto non é La Llegra. Ben de veces lamento que a militancia nel Eo-Navia estea baxo mínimos, mas penso e espero que pouco a pouco pódamos construir un espacio asturianista nel Eo-Navia e un espacio eonavieguista nel asturianismo, para establecer un disturso nacional firme que, entre outras cousas, asuma que el galego é úa lingua nacional de Asturias.

Pero non sólo na visión dun eonaviego eonavieguista, asturianista... senón na visión dun asturiano, é primordial que un espazo como La Llegra poda consolidarse na capital de Asturias e que podan xurdir máis noutros territorios. É primordial que pódamos atopar espazos de encontro, de traballo... 

Por eso La Llegra fae úa chamada para atopar socios, que eu faigo mía (con esta traducción). 

Ánimo e luita!




Campaña de Socios.

La Llegra, espacio da esquerda soberanista asturiana, naceu vai máis de tres anos como colectivo e dende hai máis de dous e medio desenvolve a súa actividade na rúa El Postigu Baxu de Uviéu. Para facelo non emprea ningún tipo de financiación pública, sinón que aposta pola autoxentión que se desenvolve a través da distribución de materiales, rifas solidarias, etc.



Todos os debates, presentacióis, proxecciois, campañas, a biblioteca, a cesión como espacio de reunión e traballo para distintas organizaciois... foron posibles grazas a vós. Máis de 140 persoas que apoiastes el crowfunding del entamo e que participastes aportando ideas, cedendo materiales ou, xinxelamente, pasando a tomar daqué.



Pero todo esto non dá abondo como para ter un pouco de seguridade económica, colo que colquera imprevisto faise un problema. Agora, para poder manter el local aberto e siguir coa actividade, pedímosvos ás que vos sintades parte del proxecto -e podades aportar daqué- que vos faigades socias.



As aportaciois van ser flexibles (5, 10€... al mes) e fáciles de fer. Deste xeito non queremos namais consilidar el espacio, senón tamén ter a posibilidade de apoiar a outras organizaciois da nosa redolada condo lo necesiten (campañes, represión, etc.). Tamén animámosvos a pasar polos concellos abertos e participar nos distintos eventos del espacio. El mellor xeito de fer que La Llegra siga esistindo é darlle vida!



Se ques ser úa das 35 (ou máis!) persoas que necesitamos para siguir con este proxecto, escrívenos a espaciulallegra@gmail.com ou por privado na páxina de Facebook para que deamos toda a información que necesitas.

Si quies ser una de les 35 (o más!) persones que necesitamos pa siguir con esti proyectu, escríbinos a espaciulallegra@gmail.com o per priváu nesta páxina de Facebook pa que te deamos tola información que necesites.


Grazas por anticipado a todas as que siguides e apoiades a nosa actividade. La Llegra é úa iniciativa del soberanismo asturiano para todas as que quiran disfrutala. Síntete parte!



quinta-feira, 22 de junho de 2017

Nel tren.

Todos os nenois estridentes suben en Pravia.
Todos baxan en Grau.
Ás veces,
onde seña,
suben pelegríos de acentos raros,
como el da maestra de música ucraniana
que sube en Nuviana
con un neno
con un gato.

Outras veces suben "asturianos"
de acebto neutro da tele ou
peor,
como hoi;
"jotiosea mira mi reloj de oro y mi banderita de España".
Nenois que son quen a rirse da xente que diz Xixón
ou dos paisanos con pucha,
ou das mulleres de mandil
gris
con florías rosas.

Queixanse davezo da FEVE,
elos
que non avezan a usala.
Será que esto en Madrid no pasa.

Nunca,
enxamais,
subíu naide de Al-Qaeda.
Debe darlles galbana.
Tanta coma min.

quarta-feira, 21 de junho de 2017

Partixas.

Hei morrer.
Hei morrer como morren os homes.
Tamén morren os cais,
os gatos...
Morre a raposa
e morren as ratas,
tamén as de dúas patas.

El caso é que eu,
como home,
hei morrer.

E vendrán as partixas,
os testamentos,
os choramiqueos desconsolados,
os choramiqueos impostados...
En fin,
el que pasa condo morre a xente.

Hei morrer 
e deixar legado.

A ti,
fillo,
deixoche a mía palabra,
quixera que firme.
Deixo el meu silencio,
para que escuites
máis que el que falas.

A ti,
filla,
deixoche el meu silencio,
para que medres.
Deixote a mía palabra
para que non la apague 
ningún fillo.

Deixovos meu amor,
todo voso.
Deixovos meu odio,
porque para romper cadeas
ides necesitar todo el odio
e ainda vai ser pouco.

Quixera deixarvos un lanzallamas
para que limpedes todo,
pero non teño.

Déixovos linguas,
tantas como para min tomei.
E un par de versos,
todo el que atesouro.

Non vos deixo nin un soño.
Todos os consumín,
consumíronme todos.
Non vos deixo nin un soño
para que señades libres
para soñar os vosos,
vivilos,
morrer por elos.

sábado, 17 de junho de 2017

Babilonia.

Dicían que era úa puta,
Babilonia.
Que qué culpa terán as putas
de lo que fora Babilonia?

Dicían que era un imperio,
Babilonia.
Un imperio
cua cabeza del ouro
das coroas
                    das moedas
                                           dos amos.
Col corpo del bronce
das espadas
                       dos helmos
                                             dos soldados.

Cos pes del barro
das galochas
                        das fames
                                           dos escravos.

Dicían de Babilonia
que caera por úa torre feita
núa cabeza emprendedora
pra chegar a Deus.


David
matou
a Goliat.
Féxolo por librar das tiranías dos xigantes
al sou poblo de pastores,
lindadores de fames
de pes enlamados.

David
matou
a Goliat.
Féxolo e erexiuse en rei.
Rei del poblo de Israel,
poblo escollido.

Dicían que iban vir us trompetistas,
que iban arrasar,
que iban caer os muros de Xericó.
Que iba ser la de Dios.
E
a Babilonia
estouparianlle os pes.
E esbarrumbaría.

Al final enlamaronlle un pouco a súa cara de ouro con barro e volvimos ser clase media. Y colorín colorado este cuento no ha acanado.

E
polas noites,
en soños,
volvo picar nos pes de barro.
Dese mesmo barro
del que fun tomado.

segunda-feira, 24 de abril de 2017

Memoria.




Un cementerio é un espacio de referencia. El espacio onde descansan os mortos, pero tamén a memoria dos poblos. É el camposanto, terra sagrada, en colquera relixión. Mesmo para a xente que non profesamos relixión algúa, os cementerios son espacios a respetar.

El mes de abril sempre é un mes nel que, nel Reino de España, se recorda a represión franquista e, con ela, as fosas comuis. Eu recordo de neno condo iba al cementerio de Mouguías que me chamara muito el atención úas cruces de ferro (ou ferralla) chantadas nel terrén de colquera manera. Chamábanme muito el atención porque estaban de colquera forma, todas mui xuntías. Al perguntar a daquén, a historia que me contou era que aí estaban enterrados os nenos que naceran mortos e os que morreran primeiro de seren bautizados. Col tempo souben que aquelo era a fosa común. Úa fosa que, polo que se vía, debía ocultar algúa vergonza, condo daquén sintíu a necesidade de contarlle aquela estraña historia a un neno. Parece ser que constan al menos dúas persoas enterradas alí nos anos da guerra (se mal non recordo, nel 36), un de 50 anos e outro de 30, un de Navia e outro de Viḷḷapedre (que tamén é curioso, pois Navia e Viḷḷapedre tein cementerios, non?).

Fosa común de Mouguías, coas cruces xa desaparecidas.


Os poblos esconden as súas vergonzas e é prohibido falar delas. Hai temas que a xente non quer tocar, hai culpas que expiar ou que esconder...

E aí siguíu a fosa común de Mouguías, calada. Hasta vai us anos. Hai us anos as cruces ferruñentas chantadas nel terrén desapareceron misteriosamente. Curiosamente condo el cementerio se tuvo que ampriar por falta de espazo... E condo hai un serio problema para fer nichos novos. E, úa vez máis, un manto de silencio cubre todo el que teña que ver coa fosa común de Mouguías. A fosa desaparece, deixa de ter nada que faiga entender que hai daqué aí, e pasa a ser un desos pedacíos de céspede del cementerio, desos espacios que non tein uso... Desos espacios que poden aprovetarse para levantar (e vender) úa filía de nichos?


As vergonzas dos poblos son difíciles de descubrir, naide quer falar delas... Pero máis difíciles son de cubrir, porque rescamplan. Os cementerios son espacios de referencia, nelos descansa a memoria dos poblos. E un poblo é fácil de comprender en véndose como trata al sou cementerio, á súa memoria.


segunda-feira, 17 de abril de 2017

Roxíos.

Roxíos é un lugar da parroquia de Bual que resulta realmente acolledor. E máis acolledor se el tou anfitrión é Quique Roxíos, úa desas persoas que traballan pola terra a pouco e a pouco, sen fer muito ruído nin grandes aspaventos, con tranquilidade.

É boa cousa visitar Roxíos, pero mellor cousa se a visita se dá por un feito que poderíamos considerar un fito histórico para a reivindicación lingüística, cultural e territorial deste país asturiano de fala galega. Ointe, sen grandes aspaventos nen feitos fundacionales, deuse un acontecemento que, sinceiramente, creo que vai ser recordado na pequena Historia da reivindicación lingüística del Eo-Navia. Un encontro en Roxíos entre distintas persoas (del Eo-Navia e de fóra del Eo-Navia) interesada por puxar por esta terra e por esta lingua. Cerca dúa treintena de persoas interesadas en asistir, anque por distintas razois sólo puidemos ser úa ventena, que non é, nin muito menos, un número despreciable. Persoas chegadas dende distintas sensibilidades, con distintas traxectorias e distintas culturas militantes, sentadas a úa mesa compartindo inquietudes.




A xornada comenzou tranquila, tomando úa caña nel Zángano. Despois dimos úa voltía por Roxíos, visitamos el molín de Quique, falamos cadaquén das súas cousas... Puiden falar con varias persoas un pouco sobre a historia da nosa reivindicación lingüística a finales del século XX, naquelos anos 80-90 nos que a xente del Eo-Navia empezou a reivindicar un espacio para a súa lingua. Despois, na mesa de debate falaríamos más en serio daquelo. Xantamos. Xantamos de maravilla, e é algo que hai que agradecerlle a Quique a á súa familia, a espléndida acollida que nos deron. Na xanta, obviamente, tamén falamos. Eu puiden falar con xente interesante sobre atlantismo e celtismo e sobre a Lusofonía e el marco interesante que supón para Asturias, non sólo para el Eo-Navia, sinón para Asturias nel sou conxunto. Mesmo acabaron salindo ideas de poder traer a Bual artistas portugueses que mesmo poderían atraer prensa portuguesa... e poñer un pouco el Eo-Navia nel mapa lusófono.


E despois de xantar subimos al salón e xa, máis organizadamente (Nedi Mallada dirixiu mui ben todo el debate, de forma que encamiñou sempre el que falábamos a buscar puntos de encontro e úa análise positiva) falamos del que nos preocupaba. Úa análise da situación que non por repetida foi menos interesante. Saliron as principales preocupaciois, a perda da fala e da transmisión xeracional, a non presencia da nosa lingua nas administraciois, na RTPA, nas empresas... Mesmo a falta de traballo e el despoblamento (se non hai xente, non pode haber falantes), a falta de proxectos culturales e económicos, a necesidade dun selo de calidá asemellado al Euskolabel ou a Galicia Calidade, a falta de previsión agropecuaria (problemas como el da avespa asiática ou a polilla guatemalteca que están mermando el agro)... Pero tamén se falou del potencial que a sociedade civil ten para traballar estos temas. Falouse de que a propia sociedade civil pode impulsar cousas, que a propia sociedade civil pode etiquetar en galego, que a propia sociedade civil pode organizarse. Prantiouse tamén (aquí é onde sí houbo máis diversidade de posturas) el apertura da nosa realidade a Galicia e, máis en particular, á Galicia máis inmediata. Prantiouse tamén el galego como lingua de Asturias, non sólo del Eo-Navia (falando da Xunta Xeral, da RTPA...).

Féxose un pequeno repaso á historia da reivindicación lingüística, xente que vivíu en primeira persoa esa reivindicación nos 80-90 recordaron cómo xente que vía que nel Estatuto de Autonomía se ignoraba el galego-asturiano e el Principado levaba úas políticas lingüísticas caóticas, se organizaron e cómo empezou a haber dalgúas diferencias, cómo el movemento se polarizou en dúas normas e cómo finalmente a Lei de Uso del 98 incluíu el galego-asturiano na lei asturiana. Había, e é importante, na sala usuarios das dúas normas. E se algo importante tuvo, para min, este encontro, foi a máxima de «non repetir os errores dos 90», e con elo ter claro que aquí estamos todos luitando pola nosa terra e a nosa lingua. Esa máxima, xunta a máxima de que non é obrigatorio que téñamos todos úa mesma visión da lingua, nin us mesmos ámbitos de actuación, nin úas mesmas análises, foron el que fixeron posible que, independentemente de que esas análises fosen úas ou outras, non esistira ningún conato de confrontación entre as persoas que alí estábamos.

Esta foi úa primeira toma de contacto despois de muitos, demasiados, anos de silencio nel Eo-Navia. Non estaba na axenda, nin podería estalo, alcanzar grandes acordos fundacionales (non era el propósito, pois sería irreal), pero foi úa primeira toma de contacto importante, mui importante. Sen aspaventos, con suavidade. É algo que se prantiou, para este encontro e para el futuro, «necestiamos establecer as relaciois na amabilidade», el futuro desta terra, da reivindicación da lingua, da cultura, da economía, del territorio pasa, imprescindiblemente, pola cordialidade. E quedou pendente que non fora un encontro para el recordo, senón un encontro para el futuro, el primeiro encontro doutros muitos que han chegar, enchendo de contido esta toma de contacto que foi profundamente frutífera para poñernos cara e acercar posiciois.

Non podo estar máis contento. Este día ha quedar gravado na Historia del Eo-Navia. Un Eo-Navia que boliga, que non morre, porque hai quen puxe por él.